"CIRKOTE" Circo de rúa






"CIRKOTE" é teatro, circo, malabares e humor, sobre todo moito humor, nun espectáculo familiar e para todos os públicos, ideal como animación de rúa para todo tipo de eventos lúdico-festivos. Para encher de alegría, colorido e diversión, rúas e prazas de pobos, vilas e cidades.

KOTE MALABAR leva máis de 20 anos facendo rir e disfrutar a todo tipo de públicos en infinidade de actuacións por festas, feiras, festivais e demáis actos lúdicos e de entretemento. No espectáculo combina técnicas de circo, clown e teatro cómico e de participación, nunha relación directa actor-público, que pasará a formar parte activa e indispensable dun espectáculo no que pode acontecer de todo, incluso que tí acabes sendo a estrela da función!

"CIRKOTE" polas súas características e un espectáculo ideal para representar en rúas e prazas o aire libre, pero tamén adaptable a espazos interiores e escenario.

Ficha técnica/Necesidades:

Espazo: Rúas e prazas amplas, planas e despexadas
Xénero: Teatro de rúa / Novo Circo
Público: Familiar / todos os públicos / Idioma: Galego
Duración: 50 m. / Montaxe: 2 h. antes / Desmontaxe: 1 h.
Toma de corriente: 220 v / Camerinos / Acceso furgoneta

CONTACTOS/CONTRATACIÓN:
606 249 947 kotemalabar@gmail.com