Benvid@s o blog de KOTE MALABAR


AXENDA / PRÓXIMAS ACTUACIÓNS:

04/01 Animación Moc Moc LALIN
02/03 Cirkote OURENSE
25/04 Cirkote TUI
25/05 Cirkote MOS
04/08 Cirkote CATOIRA

+ ACTUACIÓNS POR CONFIRMAR *









         
   














"CIRKOTE" Circo de rúa






"CIRKOTE" é teatro, circo, malabares e humor, sobre todo moito humor, nun espectáculo familiar e para todos os públicos, ideal como animación de rúa para todo tipo de eventos lúdico-festivos. Para encher de alegría, colorido e diversión, rúas e prazas de pobos, vilas e cidades.

KOTE MALABAR leva máis de 20 anos facendo rir e disfrutar a todo tipo de públicos en infinidade de actuacións por festas, feiras, festivais e demáis actos lúdicos e de entretemento. No espectáculo combina técnicas de circo, clown e teatro cómico e de participación, nunha relación directa actor-público, que pasará a formar parte activa e indispensable dun espectáculo no que pode acontecer de todo, incluso que tí acabes sendo a estrela da función!

"CIRKOTE" polas súas características e un espectáculo ideal para representar en rúas e prazas o aire libre, pero tamén adaptable a espazos interiores e escenario.

Ficha técnica/Necesidades:

Espazo: Rúas e prazas amplas, planas e despexadas
Xénero: Teatro de rúa / Novo Circo
Público: Familiar / todos os públicos / Idioma: Galego
Duración: 50 m. / Montaxe: 2 h. antes / Desmontaxe: 1 h.
Toma de corriente: 220 v / Camerinos / Acceso furgoneta

CONTACTOS/CONTRATACIÓN:
606 249 947 kotemalabar@gmail.com



   








MALABARES MEDIEVALES




-Espectáculo de teatro, circo e animación de rúa para feiras e mercados medievais, de época, temáticos... Para encher de alegria, colorido e diversión calqueira feira ou mercado.

-Emoción, risco, "perigo" e humor, sobre todo moito humor nun espectáculo divertido e participativo que non deixará indiferente a ninguén, tanto pequenos como maiores ficarán abraiados e sorprendidos polos increíbles números e as ocurrencias máis tolas e disparatadas deste bufón, que fará que todos os visitantes disfruten da feira ou mercado cun sorriso na boca!

Necesidades Técnicas:

Moi poucas, só un lugar axeitado para vestiario, material...
Para os espectáculos, rúas e prazas amplas, planas e despexadas e toma de corriente para equipo e micro inalámbrico (tamén posibilidade de funcionamento autónomo)

Xénero: Teatro, Circo, Animación de rúa
Duración: 50 m.
Público: Familiar / Todos os públicos
Idioma: Galego, portugués, castelán (dependendo ónde sexa a feira...) 

CONTACTOS/CONTRATACIÓN:
606249947 kotemalabar@gmail.com

                                                             




                       

BREVE HISTORIA (Teatro/Circo)


KOTE MALABAR, actor, clown e malabarista, leva máis de 20 anos vencellado o mundo do teatro, teatro de rúa e novo circo galego participando o longo destes anos en innumerables espectáculos, tanto en solitario como en colaboración con distintos grupos e compañías. Tamén participa e colabora en distintos programas de TV e como actor de figuración facendo intervencións e pequenos papeis en numerosas series do audiovisual.

TEATRO/CIRCO:
-Comenza a súa andaina artística alá polos anos 95/96 na Algarabía de Lalín, os primeiros pasos foron de iniciación e aprendizaxe e de xeito afeccionado comenzou a facer a súas primeiras actuacións e espectáculos.
-Xa o pouco entra a formar parte de "Churuleta Teatro" participando nas obras "Pic-nic" de F. Arrabal, "Viaxe coa Santa Compaña" e "O Papa e a bruxa" de Dario Fó.
-Continuando coa aprendizaxe trasladase a Compostela as clases do mestre malabarista alemán Hännes Sthor e o final do curso presenta o seu primeiro espectáculo nas "Ultranoites" da sala Nasa.
-Xunto con Anxo Basterra forma o grupo "Fratelli Tromboni" grupo pioneiro no Novo Circo en Galicia e que continua máis adiante con X.R. Montilla co nome de "Os Tromboni" que os leva a actuar por toda a xeografía galega en infinidade de eventos lúdico-festivos.

-Participa como malabarista na xira do grupo folc "Dhais"
-Participa como malabarista na ópera "Mackbeth" de Verdi ca ópera do Teatro Campoamor de Oviedo.
-O mesmo tempo ven desenrolando o seu propio espectáculo de rúa como Kote Malabar.

-Colabora con distintas compañías de teatro, circo e animación de rúa (Os Quinquilláns, Cachirulo, Viravolta, Art-Monium, Troula, Pistacatro, Circonove...) en diversos espectáculos.
-Forma xunto a Manu Lago e Pablo Trasno a Cía. Malabaranda, un dos grupos pioneiros e referentes do Novo Circo Galego.
-Participa no espectáculo "O Tempo" co grupo "Els Comediants" 
-Colabora ca Cía. de teatro "Art-Monium" en diversos espectáculos.
-Colabora con diversas compañías e empresas de espectáculos, ocio, animación e tempo libre.
-Participa no espectáculo "De 0 a 99 anos" da Cía. "Pistacatro"
-Participa na xira do espectáculo O Xacobeo da Mocidade e na gravación do video-clip "A Galicia vente xá" de promoción do Ano Xacobeo. 
https://www.youtube.com/watch?v=RItCRVR1NcM
-Forma xunto o malabarista "Roi o Cagabolas" o grupo "Circo Jalisco"
-Participa na xira do espectáculo "Artrix" da Cía. "Pistacatro" 
https://www.youtube.com/watch?v=Wvbz7vGNQk
-Participa na xira do espectáculo "Remedios Peregrins" da Cía. "Circonove"
-Participa na xira do espectáculo "A Xabaxira" do programa da Televisión de Galicia "Xabarín Club"
-Crea, dirixe e actúa xunto a Manu Lago o novo espectáculo da Cía. Malabaranda "Residuo"
https://www.youtube.com/watch?v=0pWI2tKbz1s 

-Participa na última montaxe da Cia. Pistacatro, "Mezzo"

-Actualmente continúa a actuar cos seus espectáculos "Cirkote, circo de rúa", "Malabares Medievales", ca "Cia. Malabaranda" e co novo espectáculo de Pistacatro "Mezzo" por toda a nosa xeografía, así como colaborando con diversas compañías, grupos e proxectos de teatro, circo e audiovisual.

CONTACTOS/CONTRATACIÓN:
606 249 947 kotemalabar@gmail.com





BREVE HISTORIA (Audiovisual)


José Luis Rodriguez "Kote" actor, clown e malabarista, leva máis de 20 anos vencellado o mundo do teatro, o teatro de rúa e o novo circo galego, participa o longo destes anos en innumerables espectáculos, tanto en solitario como en colaboración con diversos grupos e compañías. O longo deste tempo tamén participa e colabora en programas de tv. e como actor facendo pequenas personaxes e numerosas intervencións en distintas series do audiovisual.

SERIES:
-Interven e fai pequenas partes en: "Lobos e Cordeiros", "Serramoura", "Vivir sin permiso", "El final del camino", "Hospital Real", "Augasquentes", "Pazo de familia", entre outras... (as máis recentes)

VIDEOBOOK:
https://drive.google.com/drive/my-drive

-Fotos, personaxes, intervencións...

"EL FINAL DEL CAMINO"
"LOBOS E CORDEIROS"
"HOSPITAL REAL"
"SERRAMOURA"
"SERRAMOURA"
"VIVIR SIN PERMISO"
"AUGASQUENTES"
"PAZO DE FAMILIA"

TELEVISIÓN:

O longo deste tempo tamén participa en diversos programas de televisión facendo intervencións, "scketchs" e números de circo e humor, entre outros participa en "Tardes de verán" (TVG), "Luar" (TVG), "Heicho cantar queridiña" (TVG) así como en varias televisións locais.


"LUAR" (Sketch, 2*26´20") http://www.crtvg.es/tvg/a-carta/tamara-e-maria-del-monte 

"LUAR"
"HEICHO CANTAR..." (Sketch, 45¨) http://www.crtvg.es/tvg/a-carta/heicho-cantar-queridina-31-08-2012 
"HEICHO CANTAR QUERIDIÑA"

OUTROS:
Tamén participa en videos musicais, campañas publicitarias, e variados videos, cortos e pelis (Camino de Santiago, A Galicia vente xá, Formularios Truculentos, La Polla, Flores Tristes, Festa do Circo...)